Skip to main content
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A Casiña de Lira non é so un lugar onde aloxarse. Queremos que desconectes da rutina diaria con pausa e calma

A Casiña de Lira foi deseñada con moito cariño para que poidas gozar de cada momento en paz. Aproveita o xardín nos días soleados ou acomódate xunto á lareira cun bo libro.

Procuramos respectar a contorna e a arquitectura tradicional, ao tempo que proporcionamos ao espazo amplitude, moita luz e todas as comodidades posibles.

Cociña

Conta con nevera, vitrocerámica, forno, campana e lavavaixelas.

Salón comedor

Dispón de lareira, e no inverno atoparás unha cesta de benvida de leña o teu alcance. Tamén de TV e conexión wifi. A mesa de comedor é de 6 comensais, pero pode extenderse ata 8/10.

Planta superior

Tres acolledoras habitacións dobles e unha infantil con litera e un pequeno despacho se non podes desconectar 100% durante a túa estancia e debes traballar.

Roupa de cama e aseo

Atoparás sabas e toallas limpas ao comezo da túa estadía e, se te quedas máis dunha semana, substituirémolas.

En calquera caso, hai unha lavadora/secadora á túa disposición para que poidas usala sempre que a necesites.

Xardín

Atoparás unha mesa para poder disfrutar do bó tempo e dunha barbacoa.

Extras

Se o precisas, podemos prestarche un berce e roupa de cama, así como unha trona.

Tamén dispoñemos de cadeiras de praia.

Se precisas limpeza durante a súa estadía, podemos organizala con antelación (custo adicional).

Se precisas máis leña, solicítaa con antelación para que poidamos xestionala (custo adicional).

Totalmente equipada para facer fáciles e agradables os teus días na casa